ACTIVIDADES:

DESCUBRE A NOSA
CONTORNA NATURAL

Se queres conectar coa natureza e camiñar na incrible contorna da Ría da Estrela, non deixes de realizar algunha das travesías e rutas de sendeirismo que temos preparadas. Aptas para toda a familia, só tes que elixir entre costa ou montaña para descubrir paraxes impresionantes e importantes recursos turísticos coma o Castro de Baroña, o Monte Tremuzo de Muros ou o Monte Iroite en Lousame.

Prezo: 20 €/persoa

 

RUTAS DISPOÑIBLES

Para esta actividade só é preciso o equipamento habitual para facer sendeirismo: roupa cómoda e a poder ser transpirable, algo de abrigo e, sobre todo, calzado cómodo (recomendamos botas de sendeirismo, zapatillas de Gore-Tex ou similares).

O desprazamento ata o punto de inicio da travesía correrá a cargo das persoas que vaian a realizala. En caso de contratar un dos nosos guías, quedaredes no complexo turístico ou nalgún punto previo ao comezo.

Todas as travesías que propoñemos teñen un percorrido sinxelo e están pensadas para realizar en familia. Porén, o nivel de dificultade depende tamén da idade dos participante e de se están ou non acostumados a camiñar. En todo o caso, o ritmo e a duración da ruta marcádelo cada un de vós.

Todo o mundo pode solicitar a realización desta actividade. As persoas aloxadas en O Loureiro, sen embargo, contan con descontos especiais e preferencia á hora de contratar a un dos nosos guías, en caso de que non houbese dispoñibilidade para todos.

Dende logo! Coñecemos moito a zona e podemos adaptar as nosas propostas de travesía aos lugares que máis vos interese coñecer e ao voso nivel. Só tedes que poñervos en contacto connosco con certa antelación para poder planificalo!

Si, dispoñemos de seguro de accidente e rescate, e de seguro de responsabilidade civil.