Travesías
ROTEIRO DA LAMPREA (TAMBRE)
O roteiro comeza xusto á beira da Central Hidroeléctrica do Tambre, que por si soa xa merece a pena coñecer, foi deseñada por Antonio Palacios no ano 1925. Trátase dun roteiro de media intensidade duns 12km de media. Durante a camiñata pasariamos pola icónico ponte colgante que atravesa o río. Máis adiante, atopariamos o rodeiro (arte de pesca para capturar a lamprea) e o refuxio dos pescadores. En definituiva, é un roteiro ideal para deleitarse coas vistas do Río Tambre.
Para esta actividade só é preciso o equipamento habitual para facer sendeirismo: roupa cómoda e a poder ser transpirable, algo de abrigo e, sobre todo, calzado cómodo (recomendamos botas de sendeirismo, zapatillas de Gore-Tex ou similares).
O desprazamento ata o punto de inicio da travesía correrá a cargo das persoas que vaian a realizala. En caso de contratar un dos nosos guías, quedaredes no complexo turístico ou nalgún punto previo ao comezo.
Todas as travesías que propoñemos teñen un percorrido sinxelo e están pensadas para realizar en familia. Porén, o nivel de dificultade depende tamén da idade dos participante e de se están ou non acostumados a camiñar. En todo o caso, o ritmo e a duración da ruta marcádelo cada un de vós.
Todo o mundo pode solicitar a realización desta actividade. As persoas aloxadas en O Loureiro, sen embargo, contan con descontos especiais e preferencia á hora de contratar a un dos nosos guías, en caso de que non houbese dispoñibilidade para todos.
Dende logo! Coñecemos moito a zona e podemos adaptar as nosas propostas de travesía aos lugares que máis vos interese coñecer e ao voso nivel. Só tedes que poñervos en contacto connosco con certa antelación para poder planificalo!
Si, dispoñemos de seguro de accidente e rescate, e de seguro de responsabilidade civil.
Unha estancia moi gratificante, os nenos pasárono moi ben coa ruta en kayak ao Pazo do Tambre. Recomendable!