ACTIVIDADES:

RELAXA CORPO
E MENTE

Cóidate cunha das nosas masaxes durante as túas vacacións.

Escolle a sesión que máis che guste:

Aromaterapia

Esquécete dos problemas do día a día e deleita os teus sentidos cunha sesión de aromaterapia, realizada con aceites esenciais das plantas con fins medicinais, sen moverte do apartamento.

Masaxe relaxante

Relaxa o corpo e a mente cunha masaxe suave e superficial para favorecer a relaxación e aumentar a sensación de descanso, realizada por profesionais sen moverte do apartamento.

Duración: 45 minutos.

Masaxe deportivo

Coida o teu corpo e evita posibles lesións cunha das nosas masaxes deportivas, unha masaxe de descarga que mobiliza o sangue para eliminar toxinas e contén presións, amansamentos e estiramentos que favorecen unha pronta recuperación e consolidación das adaptacións inducidas polos adestramentos. Recibirálo no propio apartamento, máis cómodo imposible.

Duración: 45 minutos.

Masaxe descontracturante

Volve como novo das túas vacacións en O Loureiro coa nosa masaxe descontracturante, unha masaxe intensa e profunda para relaxar a musculatura e disolver as contraccións.

Duración: 45 minutos.