ACTIVIDADES:

RUTAS EN KAIAK

En O Loureiro contamos cun monitor titulado especializado en actividades acuáticas e con moita experiencia na zona, que fará que o teu percorrido en kaiak sexa inesquecible. Descubre connosco a beleza da nosa costa e dos ríos Tambre, Pedras e Vilacoba.  

CONDICIÓNS

GRUPOS MÍNIMOS DE 6 PERSOAS

ALUGUER DE KAYAK E EQUIPAMENTO COMPLETO

INCLÚE DESPRAZAMENTOS

MONITOR TITULADO

POSIBILIDADE DE ENGADIR OUTRAS ACTIVIDADES (A CONSULTAR)

 

A duración da actividade dependerá da ruta a realizar, do número de participantes, do seu nivel... Normalmente, a maioría de percorridos teñen unha duración mínima de 2-3 horas.

 

Si, só tes que poñerte en contacto con nós e explicarnos a túa idea, o número de participantes, o nivel do grupo... etc. Coñecemos moi ben a contorna e estaremos encantados de crear a ruta que mellor se adapte ás vosas necesidades.

 

Os nosos monitores son técnicos de grao superior en actividades físicas e deportivas, con coñecementos de salvamento e primeiro auxilios. Teñen, ademais, licenza de patrón de barco.

 

Si, todas as actividades que realizamos están pensadas para ser realizadas en familia. No caso de acudir con nenos pequenos, infórmanos con antelación suficiente para que poidamos adaptar as rutas e actividades programadas ás súas necesidades.

 

O custo da contratación de un monitor ou guía varía segundo a actividade realizada, o número de persoas ou as horas que se van a empregar no percorrido. Podes solicitar un presuposto personalizado poñéndote en contacto connosco.