ACTIVIDADES:

TURISMO
MARIÑEIRO E  DE PESCA

En O Loureiro dispoñemos dunha pequena embarcación recreativa para saídas de medio día ou de día completo pola ría de Muros e Noia e contorna mariña máis próxima. Invitámoste a descubrir os bancos marisqueiros do berberecho da man do noso patrón, cunha tradición familiar nesta actividade ancestral, e a completar o día cunhas xornadas de pesca.

 

RUTAS DISPOÑIBLES

  • Ruta turística

  • Pesca deportiva

  • Aluguer de material de pesca

  • 3 horas

  • 4 horas

  • Kit de pesca completo*

  • 35 €/persoa

  • 50 €/persoa

  • 15 €/día

Si. Para poder realizar as viaxes en barco requírese un mínimo de 3 persoas. Consultar outras opcións por teléfono.

 

As saídas están pensadas para unha duración de 2-3 horas. Os horarios poden variar en función das condicións do mar, meteorolóxicas, etc.

 

Podes levar as túas propias canas, sedelas e anzois ou alugar algúns dos nosos equipos. As persoas que se aloxen no complexo turístico terán preferencia á hora de dispoñer deste material. Tamén é recomendable utilizar roupa adecuada para saír ao mar: botas impermeables e corta ventos ou abrigo impermeable.

 

Si, todas as actividades de O Loureiro son aptas para realizar en familia. Porén, e para que non se faga demasiado pesado, recomendamos contratar a excursión de medio día no caso de haber cativos. Lembra utilizar abundante crema solar, especialmente cos máis pequenos, para evitar posible queimaduras.

 

Si, podemos adaptar o itinerario do día as túas preferencias e gustos, sempre dentro dunha marxe xeográfica razoable e próxima ao noso establecemento. Para máis información, contacta directamente connosco.

 

Si, dispoñemos de seguro de accidente e rescate, e de seguro de responsabilidade civil.