ACTIVIDADES:

VISITA EN TEMPADA DE MARISQUEO

Esta saída ten como principal obxectivo mostrar o traballo dos mariscadores e mariscadoras para a extracción da ameixa e o berberecho de Noia. Tras coñecer os bancos marisqueiros desde o mar e coñecer o proceso de recolección, poderémonos achegar á lonxa para ver o proceso de venda e poder comprar o marisco recentemente extraído.  

Si. Para poder realizar as viaxes en barco requírese un mínimo de 3 persoas. Consultar outras opcións por teléfono.

 

As saídas están pensadas para unha duración de 2-3 horas. Os horarios poden variar en función das condicións do mar, meteorolóxicas, etc.

 

Podes levar as túas propias canas, sedelas e anzois ou alugar algúns dos nosos equipos. As persoas que se aloxen no complexo turístico terán preferencia á hora de dispoñer deste material. Tamén é recomendable utilizar roupa adecuada para saír ao mar: botas impermeables e corta ventos ou abrigo impermeable.

 

Si, todas as actividades de O Loureiro son aptas para realizar en familia. Porén, e para que non se faga demasiado pesado, recomendamos contratar a excursión de medio día no caso de haber cativos. Lembra utilizar abundante crema solar, especialmente cos máis pequenos, para evitar posible queimaduras.

 

Si, podemos adaptar o itinerario do día as túas preferencias e gustos, sempre dentro dunha marxe xeográfica razoable e próxima ao noso establecemento. Para máis información, contacta directamente connosco.

 

Si, dispoñemos de seguro de accidente e rescate, e de seguro de responsabilidade civil.