Reserva

O Loureiro conta con tres modernos estudos de nova construción perfectos para familias, totalmente independentes e de estética minimalista pero cun aire rústico que lles outorga a madeira “de batea”: un recubrimento elaborado con madeiros antigos dos bancos de mexillón das rías de Muros-Noia e de Arousa que foron tratados a man para utilizar nos nosos aloxamentos, aportándolles un carácter único e moi persoal.

Cabaniña de estilo industrial con dispoñibilidade para 4 persoas. Consta de dúas habitacións, unha delas con cama de matrimonio e a outra con dúas camas individuais. O aloxamento ten aire acondicionado, persianas eléctricas, secador de pelo, 2 TV (unha delas na habitación de matrimonio), cociña completa con cafeteira de cápsulas, sandwichera e fervedoiro de auga.

Ademais esta cabaniña conta con xardín individual, terraza con tumbonas e jacuzzi exterior.

 

Cabaniña de estilo moderno con dispoñibilidade para 5 persoas. Consta de dúas habitacións, unha delas con dúas camas xemelgas e outra con cama de matrimonio, ademais dispón dun sofá-cama. O aloxamento ten aire acondicionado, persianas eléctricas, secador de pelo, 2 TV, cociña completa con cafeteira de cápsulas, sandwichera e fervedoiro de auga.

Ademais esta cabana conta con jacuzzi, xardín privado e terraza cuberta.

 

A Baia

Cabaniña de estilo nórdico con dispoñibilidade para ata 6 persoas. Consta de dúas habitacións, unha delas con 2 camas xemelgas e a outra con 1 cama de matrimonio, ademais dispón de 2 sofás-cama. O aloxamento ten aire acondicionado, persianas eléctricas, secador de pelo, 2 TV (unha delas na habitación de matrimonio), cociña completa con cafeteira de cápsulas, sandwichera e fervedoiro de auga.

Ademais esta cabaniña conta con xardín individual, terraza con tumbonas e un jacuzzi exterior.

 

INSTALACIÓNS

Todos os estudos de O Loureiro contan con acceso independente e aparcadoiro, terraza e xardín privado. Dispoñen de dúas habitacións dobres, cociña totalmente equipada aberta a un salón comedor, e baño completo. E se ves con nenos dispoñemos de cunas e tronas para eles, consúltao connosco antes da túa chegada.

ACTIVIDADES

As persoas aloxadas nos nosos estudos teñen acceso prioritario a todas as activades de O Loureiro: kaiak, aluguer de bicicletas eléctricas, saídas en barco e travesías con ou sen monitor.

ALMORZOS

En O Loureiro ofrecemos almorzos aos nosos clientes (baixo petición previa). Por un prezo de 15 €poderás empezar o día con enerxía con produtos como: café, leite, bolería caseira, tostadas con manteiga, marmelada e tomate-aceite, froitas e zume de laranxa natural.