Entrada: de 16:00 a 20:30 h. 

Saída: ata as 12 h. Poden consultar dispoñibilidade para chegadas ou saidas fora dos horarios establecidos.

Cancelación:

A aceptación da reserva da por válidas e asumidas as condicións xerais que a continuación se especifican. En caso de anulación da reserva aplicaranse as seguintes porcentaxes de retención ao importe do anticipo realizado.

  • 50% se se anula dende 15 ata 7 días antes da data de entrada.
  • 100% cando se anule 7 días antes ou menos da data de entrada.

Promocións:

As tarifas especiais ou promocións e demais ofertas que se publiquen nesta  website ou nas nosas redes sociais serán aplicables para os aloxamentos e as datas que nas devanditas ofertas se especifioquen.

Pago:

O cliente comprométese ao pago íntegro dos días/servizos contratados abonando o día de chegada ou previa saída tras comprobar o correcto funcionamento das instalacións. En caso de anulación ou saída anticipada o cliente perde o importe total do anticipo realizado a conta da reserva.

Idade:

Para reservar no noso aloxamento, debe ter como mínimo 18 anos. O hotel pode negar a admisión aos clientes que viaxan xuntos se non hai polo menos un adulto con 18 anos cumpridos.