Reserva

TURISMO ACTIVO FAMILIAR

O LOUREIRO

O Loureiro é un complexo de turismo familiar activo situado no lugar de Obre (Noia, A Coruña), nun terreo de 1.679 m2 con vistas ao mar que combina 3 aloxamentos independentes totalmente equipados e pensados para familias coa práctica de actividades de natureza e aventura no inmellorable entorno da ría de Muros e Noia.

No aloxamento, que conta co selo de calidade Galicia destino familiar e certificados enerxéticos e de sostibilidade, as familias poderán desfrutar de todas as comodidades dunha vivenda privada con xardín, terraza e aparcamento propio; e as vantaxes dun complexo turístico con servizo de recepción, zonas verdes, grellas, parque infantil con tirolinas entre as árbores e moitos máis. Ademais, en O Loureiro as mascotas son benvidas.

ALOXAMENTO ALMORZO 2 PAX

Se queres comezar o día con enerxía podes solicitar o noso almorzo para 2 persoas e gozalo no teu apartamento. Inclúe: café, leite, bollería caseira, torradas con manteiga, marmelada e tomate-aceite, frutas e zume de laranxa natural.

ACTIVIDADES

KAYAK CON GUÍA

>> RUTA POLA RÍA DE MUROS E NOIA

>> DESCENSO DO TAMBRE ATA A PRAIA DE TESTAL

>> RUTA DA PRAIA DE TESTAL AO PEIRAO DO FREIXO