ACTIVIDADES:

PESCA DEPORTIVA

Esta actividade realízase normalmente a partir das primeiras horas da mañá, ou xa no atardecer. Introducirémonos na ría para a práctica da pesca deportiva, para o que poderedes utilizar as vosas propias canas ou o material do que dispoñemos no complexo. Desprazarémonos aos mellores puntos para realizar as capturas, que só as persoas locais coñecemos. O itinerario pode ter unha duración de medio día, aproximadamente 3 horas, ou de día completo.  

Si. Para poder realizar as viaxes en barco requírese un mínimo de 3 persoas. Consultar outras opcións por teléfono.

 

As saídas están pensadas para unha duración de 2-3 horas. Os horarios poden variar en función das condicións do mar, meteorolóxicas, etc.

 

Podes levar as túas propias canas, sedelas e anzois ou alugar algúns dos nosos equipos. As persoas que se aloxen no complexo turístico terán preferencia á hora de dispoñer deste material. Tamén é recomendable utilizar roupa adecuada para saír ao mar: botas impermeables e corta ventos ou abrigo impermeable.

 

Si, todas as actividades de O Loureiro son aptas para realizar en familia. Porén, e para que non se faga demasiado pesado, recomendamos contratar a excursión de medio día no caso de haber cativos. Lembra utilizar abundante crema solar, especialmente cos máis pequenos, para evitar posible queimaduras.

 

Si, podemos adaptar o itinerario do día as túas preferencias e gustos, sempre dentro dunha marxe xeográfica razoable e próxima ao noso establecemento. Para máis información, contacta directamente connosco.

 

Si, dispoñemos de seguro de accidente e rescate, e de seguro de responsabilidade civil.