Saídas en barco
PASEO RECREATIVO POLA RíA DE MUROS E NOIA
Saída de medio día ou de día completo para coñecer, dende o mar, as principais vilas mariñeiras, praias e pintorescos portos pesqueiros da coñecida como Ría da Estrela. Ademais das vilas de Muros e Noia, coñeceremos tamén o Castro de Baroña, Porto do Son, Portosín, A Ponte Nafonso, Esteiro e o Faro e a Praia de Louro.
Si. Para poder realizar as viaxes en barco requírese un mínimo de 3 persoas. Consultar outras opcións por teléfono.
As saídas están pensadas para unha duración de 2-3 horas. Os horarios poden variar en función das condicións do mar, meteorolóxicas, etc.
Podes levar as túas propias canas, sedelas e anzois ou alugar algúns dos nosos equipos. As persoas que se aloxen no complexo turístico terán preferencia á hora de dispoñer deste material. Tamén é recomendable utilizar roupa adecuada para saír ao mar: botas impermeables e corta ventos ou abrigo impermeable.
Si, todas as actividades de O Loureiro son aptas para realizar en familia. Porén, e para que non se faga demasiado pesado, recomendamos contratar a excursión de medio día no caso de haber cativos. Lembra utilizar abundante crema solar, especialmente cos máis pequenos, para evitar posible queimaduras.
Si, podemos adaptar o itinerario do día as túas preferencias e gustos, sempre dentro dunha marxe xeográfica razoable e próxima ao noso establecemento. Para máis información, contacta directamente connosco.
Si, dispoñemos de seguro de accidente e rescate, e de seguro de responsabilidade civil.
Unha estancia moi gratificante, os nenos pasárono moi ben coa ruta en kayak ao Pazo do Tambre. Recomendable!