ACTIVIDADES:

RUTA DEL RÍO TRABA

Este roteiro, duns 12km en total, comeza no noso aloxamento continuando polo Muíño da  Chainza. Pasariamos pola ponte de Traba, un espectacular monumento histórico que data do século XV. O roteiro continuaría pola beira do Río, pasando por distintos saltos de auga e pola aldea de Xei, abandonada nos anos 60 onde antigamente moíase o gran. A nosa travesía termina na aldea de Souto Redondo, lugar onde poderemos visitar a antiga fábrica de peles.

Para esta actividade só é preciso o equipamento habitual para facer sendeirismo: roupa cómoda e a poder ser transpirable, algo de abrigo e, sobre todo, calzado cómodo (recomendamos botas de sendeirismo, zapatillas de Gore-Tex ou similares).

O desprazamento ata o punto de inicio da travesía correrá a cargo das persoas que vaian a realizala. En caso de contratar un dos nosos guías, quedaredes no complexo turístico ou nalgún punto previo ao comezo.

Todas as travesías que propoñemos teñen un percorrido sinxelo e están pensadas para realizar en familia. Porén, o nivel de dificultade depende tamén da idade dos participante e de se están ou non acostumados a camiñar. En todo o caso, o ritmo e a duración da ruta marcádelo cada un de vós.

Todo o mundo pode solicitar a realización desta actividade. As persoas aloxadas en O Loureiro, sen embargo, contan con descontos especiais e preferencia á hora de contratar a un dos nosos guías, en caso de que non houbese dispoñibilidade para todos.

Dende logo! Coñecemos moito a zona e podemos adaptar as nosas propostas de travesía aos lugares que máis vos interese coñecer e ao voso nivel. Só tedes que poñervos en contacto connosco con certa antelación para poder planificalo!

Si, dispoñemos de seguro de accidente e rescate, e de seguro de responsabilidade civil.