Rutas en kaiak
TESTAL – RÍO TAMBRE
Partindo desde a praia de Testal percorreremos o litoral da ría, pola cara de Noia, ata chegar á entrada do Tambre, un dos ríos máis importantes de Galicia. Tras coñecer a apertura do río ao mar, coñeceremos dende a auga as pontes máis emblemáticas do municipio ata chegar a Pontenafonso, unha construción de orixe medieval e unha das máis emblemáticas da contorna.
A nosa base de operacións está no complexo turístico O Loureiro, moi preto da praia de Testal onde comezan case todas as rutas. Para chegar ata alí, dispoñemos dun remolque co que transportar as embarcacións.
- Aluguer do kaiak: non inclúe o neopreno
- Ruta con guía: inclúe todo o equipamento necesario (tamén o neopreno)
Si, as embarcacións poden alugarse por 4 horas ou por días completos.
Os hóspedes de O Loureiro teñen preferencia á hora de realizar as actividades e prezos especiais para a súa contratación. Pero sempre que haxa dispoñibilidade, calquera persoa pode contratar a actividade.
Contamos con persoal técnico cualificado que se encargará de darvos unhas nocións básicas de seguridade e utilización das embarcacións. Todas as rutas deseñadas son de nivel verde ou básico, para que tanto principiantes como nenos poidan realizalas. É conveniente que os máis pequenos compartan a súa embarcación cun adulto, e non poderán utilizalas menores de idade sen supervisión. Porén, se non te sentes preparado para facelo só, sempre podes contratar unha ruta acompañada polo noso persoal.
25 € por persoa
35 € por persoa. Requírese un mínimo de 4 persoas
Si, dispoñemos de seguro de accidente e rescate, e de seguro de responsabilidade civil.
Unha estancia moi gratificante, os nenos pasárono moi ben coa ruta en kayak ao Pazo do Tambre. Recomendable!