Rutas en bicicletas
SUBIDA AO MONTE SAN LOIS
Un percorrido sinxelo, duns 6 quilómetros de lonxitude, para os máis pequenos e para aqueles que queiran iniciarse no mundo da bicicleta eléctrica. Partiremos do complexo turístico O Loureiro e comezaremos a subir ata chegar ao miradoiro do Monte San Lois, cun impresionante banco con vistas panorámicas a toda a ría desde a cara norte da Serra do Barbanza.
Si, o uso do casco é obrigatorio. En caso de que os usuarios non dispoñan de un, poderán utilizar un dos nosos por un prezo de 3€/día.
O aluguer das nosas bicicletas non está permitido para menores de 16 anos.
Sempre que estean dispoñibles, as persoas aloxadas poden facer uso das bicicletas para pequenos desprazamentos de non máis de 1 hora 30 minutos.
As persoas que queiran alugar as bicicletas e non se encontren hospedados no complexo poderán facelo, sempre e cando haxa dispoñibilidade (os arrendatarios dos estudos teñen preferencia á hora de contratar este servizo).
Si, o aluguer está dispoñible por horas ou por día completo (contacta con nós para máis información). É posible contratar os servizos dun guía para facer unha ruta polos enclaves máis importantes da vila de Noia (min 2 persoas).
En O Loureiro disponemos de 3 bicicletas de paseo e 3 MTB.
Si, dispoñemos de seguro de accidente e rescate, e de seguro de responsabilidade civil.
Unha estancia moi gratificante, os nenos pasárono moi ben coa ruta en kayak ao Pazo do Tambre. Recomendable!