ACTIVIDADES:

MUROS E NOIA

Ofrecémosvos a posibilidade de realizar un percorrido á vosa medida dentro da ría da Estrela, pasando por todos os lugares máis importantes dependendo do nivel e a duración da actividade. Teremos, ademais, a oportunidade de coñecer de preto o proceso de recollida do berberecho de Noia, símbolo gastronómico do noso municipio e de parte de Galicia.

A nosa base de operacións está no complexo turístico O Loureiro, moi preto da praia de Testal onde comezan case todas as rutas. Para chegar ata alí, dispoñemos dun remolque co que transportar as embarcacións.

  • Aluguer do kaiak: non inclúe o neopreno
  • Ruta con guía: inclúe todo o equipamento necesario (tamén o neopreno)

Si, as embarcacións poden alugarse por 4 horas ou por días completos.

Os hóspedes de O Loureiro teñen preferencia á hora de realizar as actividades e prezos especiais para a súa contratación. Pero sempre que haxa dispoñibilidade, calquera persoa pode contratar a actividade.

Contamos con persoal técnico cualificado que se encargará de darvos unhas nocións básicas de seguridade e utilización das embarcacións. Todas as rutas deseñadas son de nivel verde ou básico, para que tanto principiantes como nenos poidan realizalas. É conveniente que os máis pequenos compartan a súa embarcación cun adulto, e non poderán utilizalas menores de idade sen supervisión. Porén, se non te sentes preparado para facelo só, sempre podes contratar unha ruta acompañada polo noso persoal.

35 € por persoa. Requírese un mínimo de 4 persoas

Si, dispoñemos de seguro de accidente e rescate, e de seguro de responsabilidade civil.